VIII Congreso Galego de Comunidades de Montes
Sábado 23 e domingo 24 de maio de 2026
Casa da Cultura, Allariz (Ourense)
Convocatoria
Os días sábado 23 e domingo 24 de maio de 2026, na Casa da Cultura do concello de Allariz (Ourense), celebrarase o VIII Congreso Galego de comunidades de montes baixo o lema “montes veciñais: pasado, presente e futuro vivos”.
O VIII Congreso Galego de comunidades de montes vai desenvolverse nunha situación tremendamente agresiva contra os montes veciñais e contra as comunidades de montes. É ben coñecido que se está elaborando un borrador para unha nova lei de montes veciñais que ten como obxectivo a eliminación dos montes veciñais como titularidades de carácter xermánico, para municipalizar algúns montes veciñais e privatizar os outros.
Para deter este serio intento de que desaparezan os montes veciñais do territorio galego a asistencia das comunidades de montes a este VIII Congreso é fundamental. É un Congreso aberto á asistencia de todas as comunidades de montes de Galiza, e participativo.
Aquelas comunidades de montes que queiran presentar achegas aos dous relatorios que se van debater poden facelo enviando as súas achegas, o antes do día 14 de maio de 2026, ao correio electrónico evamvcoiro@gmail.com ou ao enderezo postal: Centro Veciñal de Valadares - Camiño do Pedregoso n.º 6 - 36314 Vigo.
Programa e Inscrición
VIII CONGRESO GALEGO DE COMUNIDADES DE MONTES
Os días 23 e 24 de maio do 2026 terá lugar, na Casa de Cultura do concello de Allariz (Ourense), o VIII Congreso Galego de comunidades de montes, organizado pola Organización Galega de comunidades de montes, baixo o lema “Montes veciñais: pasado, presente e futuro vivos”.
O VIII Congreso Galego de comunidades de montes, no que se debaterán dous relatorios intitulados respectivamente “Recoñecer a titularidade veciñal como unha máis, distinta e en pé de igualdade das titularidades públicas e privadas” e “Considerar como aproveitamentos dos montes veciñais todos os que neles se dan” é un Congreso aberto a todas as comunidades de montes de Galiza.
As comunidades de montes que queiran participar no VIII Congreso Galego de comunidades de montes teñen que comunicalo antes do día 14 de maio de 2026 aos correos electrónicos evamvcoiro@gmail.com ou xapegonda@gmail.com, ou ao enderezo postal Centro Veciñal de Valadares, camiño do Pedregoso n.º 6,-36314-Vigo. Na comunicación indicarán o nome da comunidade de montes, o concello ao que pertencen e o número de veciños/as comuneiros/as asistentes.
Os días 23 e 24 de maio celebraranse dous xantares de irmandade. O prezo do xantar é de 25,00 euros por persoa. As comunidades de montes que queiran participar nos mesmos teñen que facer o pagamento antes do día 19 de maio de 2026 na conta da ORGACCMM (ES64 2080 5072 6430 4000 6296 de Abanca, BENEFICIARIO: ORGANIZACION GALEGA COMUNIDADES MONTES VECIÑAIS EN). No pagamento indicarase o nome da comunidade de montes, o número de persoas e os días nos que asistirán ao xantar de irmandade.
A comisión organizadora do VIII Congreso Galego de comunidades de montes facilita tamén a pernoctación a noite do 23 de maio. O prezo das habitacións simples é de 30,00 euros e o das dobres 60,00 euros. As comunidades de montes que queiran pernoctar deben facer o pagamento na conta anterior e tamén antes do día 19 de maio de 2026. No pagamento deben especificar se as habitacións son simples ou dobres.
Documentación
Relatorios
Consulta a documentación central que se debaterá no VIII Congreso en Allariz.
Descargar PDFPrograma do Congreso
Consulta o programa completo coas actividades e horarios do VIII Congreso.